InicioPolíticaO BNG de Vigo pídelle a Fernández-Tapias que non use a Xunta...

O BNG de Vigo pídelle a Fernández-Tapias que non use a Xunta como “alpendre para apoltronar cargos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu ao PP “que deixe de xogar coas institucións de Vigo como os seus alpendres para apoltronar cargos”, e censurou que a delegación da Xunta ou o Porto da cidade convertéronse en “unha especie de senados locais nos que ter en reserva aos seus cadros fracasados”.

Así o trasladou o candidato e próximo portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, nun comunicado no que advertiu de que sería “inxustificable” que, “por segunda vez”, a candidata do PP á Alcaldía “fuxa da súa desempeño na oposición para garantirse un posto mellor”.

Para Pérez Igrexas, “é indecente o baile de nomes no PP” para ocupar cargos como a delegación da Xunta ou a presidencia da Autoridade Portuaria, e reclamou a Marta Fernández-Tapias, candidata ‘popular’, “que aclare se vai tomar posesión da súa acta como concelleira” ou se se vai a “atrincheirar” na delegación da Xunta ou nalgunha Secretaría Xeral da Xunta.

Unha posible marcha da candidata sería, segundo o BNG, “unha nova estafa” ao seu propio electorado. “O Concello de Vigo non é un segundo prato, as viguesas e vigueses non merecen ese desprezo”, proclamou Xabier Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...