InicioPolíticaXabier Pérez Igrexas: "Imos traballar para converternos na alternativa de moitos vigueses"

Xabier Pérez Igrexas: “Imos traballar para converternos na alternativa de moitos vigueses”

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo celebrou nas últimas horas unha reunión da Comisión Permanente do Consello Local para avaliar o resultado das eleccións locais do domingo e deseñar a estratexia de actuación municipal do próximos catro anos, e reivindicouse como alternativa de goberno despois de triplicar a súa representación no Concello (dun a 3 concelleiros).

Este órgano executivo do BNG de Vigo valorou que a formación foi a que máis subiu na cidade nestes comicios e que, de feito, chegou a ser a segunda forza en 41 mesas electorais. Así mesmo, subliñou que quedou a menos de 7 votos por mesa de lograr un cuarto concelleiro.

O candidato nacionalista e futuro portavoz do grupo municipal, Xabier Pérez Igrexas, subliñou que o BNG ten que “avanzar moito máis” os próximos 4 anos. Así, lembrou que, no últimos catro anos, “cun único concelleiro”, os nacionalistas puideron referenciarse “como a verdadeira oposición”, construtiva e con propostas.

“Agora, co pulo de máis de 15.000 persoas imos traballar para ser de novo unha forza determinante e converternos na alternativa de moitos vigueses e viguesas que saben que Vigo merece máis e que queren abrir un tempo na maior cidade de Galicia”, proclamou Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...