InicioCulturaMáis de 150 persoas traballaron na XX edición do Festival de Cans

Máis de 150 persoas traballaron na XX edición do Festival de Cans

Os promotores destacaron que a maioría das persoas contratadas pertencen á localidade do Porriño e moitas delas á aldea de Cans.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XX edición do Festival de Cans, que se celebrou no municipio pontevedrés do Porriño, rexistrou unha marca histórica de creación de emprego, alcanzando 151 altas laborais.

O evento, que concluíu este fin de semana, superou en máis dun 12% á da edición anterior, onde o certame xerou 134 empregos. Segundo ha destacada a organización, das 151 contratacións rexistradas, 74 altas foron empregos directos relacionados con áreas de produción, merchandising, transporte e traballo en barras.

Ademais, 20 empregos foron servizos especializados de autónomos en áreas como comunicación, fotografía, vídeo, deseño gráfico, redes sociais ou programación. Tamén se crearon 57 postos laborais que foron contratacións indirectas de empresas que prestaron servizos no marco da celebración do festival, como a limpeza e hixiene, seguridade privada, montaxe e desmonte de carpas e equipos de loxística.

Os promotores destacaron que a maioría das persoas contratadas pertencen á localidade do Porriño e moitas delas á aldea de Cans. Así, subliñaron que “houbo un gran número de mozos que asinaron o seu primeiro contrato laboral” e que unha parte das contratacións provén de municipios próximos, como Mos, Salceda de Caselas ou Ponteareas.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...