InicioPolíticaCaballero mantería a súa cómoda maioría, segundo as enquisas

Caballero mantería a súa cómoda maioría, segundo as enquisas

PUBLICADO O

- Advertisement -

As dúas enquisas publicadas ata o momento, a de Sondaxe para La Voz de Galicia e a de GAD3 para CRTVG, apuntan que Abel Caballero conseguiría practicamente os mesmos resultados que hai catro anos, quedando con 19 edís.

Así, a de La Voz suliña que Caballero gañaría con contundencia, pero sen alcanzar o seu obxectivo de 21 e quedaría con 19. A candidatura de Marta Fernández Tapias fariase así con cinco concelleiros, mentres que o BNG non experimentaría o crecemento desexado e quedaría en dous, un máis que no 2019. Marea de Vigo pecha o pleno cun representante, fronte aos dous logrados fai catro anos.

Tamén a enquisa da CRTVG indica que en Vigo, Abel Caballero retería unha folgada maioría absoluta de 19 a 20 concelleiros, mentres que o PP subiría un ata os cinco e o BNG obtería 2 ou 3 edís. Desaparecería da corporación viguesa Marea de Vigo.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...