InicioPolíticaAlfonso Rueda apela ao "sentidiño e estabilidade" de Miguel Domínguez para gobernar...

Alfonso Rueda apela ao “sentidiño e estabilidade” de Miguel Domínguez para gobernar A Cañiza

O candidato á alcaldía remarcou a necesidade de "deixar atrás" este catro anos "do goberno máis caro e ineficaz da historia da Cañiza"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reuniuse este mércores co candidato do PP á alcaldía da Cañiza, Migue Domínguez, e o seu equipo, dos que encomiou o seu “sentidiño e estabilidade”.

Así, o líder dos populares galegos sinalou que este domingo os veciños do municipio “só terán dúas opcións: ou o ‘sentidiño’ e a estabilidade dun goberno con experiencia, liderado por alguén que vive no municipio e que se preocupa polos seus veciños, ou seguir cun goberno que pensa máis nos seus intereses persoais que nos dos veciños”.

Polo seu lado, o candidato á alcaldía remarcou a necesidade de “deixar atrás” este catro anos “do goberno máis caro e ineficaz da historia da Cañiza”. “É o momento de deixar atrás catro anos de enganos, mentiras, manipulacións, promesas incumpridas, investimentos e oportunidades perdidas, proxectos paralizados, peches de servizos públicos e desatención ás familias”, afirmou.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...