InicioSociedadeVigo lidera o proxecto europeo Safeway para aumentar a seguridade do transporte...

Vigo lidera o proxecto europeo Safeway para aumentar a seguridade do transporte ante eventos extremos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Trinta especialistas de oito países -España, Noruega, Suíza, Reino Unido, Holanda, Portugal, Italia e Polonia- participaron no campus de Vigo na reunión de lanzamento de Safeway, o primeiro proxecto europeo que lidera a Universidade de Vigo dentro dos programas marco de innovación da Comisión Europea (Horizonte 2020 e FP7).

Deste xeito, a Universidade de Vigo sitúase como referente no ámbito da enxeñaría civil e, en particular, consolida a importante actividade que os grupos de Xeotecnoloxías Aplicadas, Encomat e Tecnoloxías Enerxéticas veñen desenvolvendo neste ámbito nos últimos anos”.

Financiado con 4,5 millóns de euros, dos que 708 .00 corresponden á institución académica viguesa, o gran obxectivo deste proxecto é crear un sistema europeo de xestión de infraestruturas capaz de deseñar, validar e establecer métodos, estratexias, ferramentas e intervencións técnicas para aumentar de xeito significativo a resistencia e a seguridade da rede de estradas e de infraestruturas ferroviarias ante circunstancias adversas ou eventos extremos, desde inundacións ata secas, incendios forestais, terremotos ou corrementos de terra. Para conseguilo teñen por diante 42 meses de traballo –a data prevista de finalización é febreiro de 2022-.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...