InicioMedio Ambiente e PatrimonioAugas de Galicia elimina un punto de vertedura de augas residuais á...

Augas de Galicia elimina un punto de vertedura de augas residuais á ría en Baredo, Baiona (Pontevedra)

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, a través de Augas de Galicia, localizou e eliminou un punto de vertedura de augas residuais á ría de Vigo, na parroquia de Baredo, do municipio de Baiona.

Este foco de vertedura foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo por técnicos do Programa de Control de Verteduras de Augas de Galicia, no ámbito territorial da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

Así, a orixe estaba nunhas instalacións da zona, onde se constataron deficiencias na canalización do entroncamento das augas residuais xeradas cara á rede de saneamento municipal, alcanzando a ría.

Os técnicos requiriron aos responsables da instalación a adopción de medidas correctoras para solucionar a situación, e eses responsables procederon a substituír o tramo da canalización onde se observou a deficiencia. Nunha nova inspección, puido comprobarse que o problema se emendou.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...