InicioSucesosLocalizado o corpo sen vida dun home nunha praia de Vigo

Localizado o corpo sen vida dun home nunha praia de Vigo

A alerta deuna un particular sobre as sete e cuarto da mañá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo sen vida dun home foi localizado na mañá deste luns na praia de Ríos de Fóra, situada nas inmediacións da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA), en Vigo. Segundo fontes do 112 Galicia, un particular alertou a urxencias sanitarias sobre as 07:15 horas, polo que se puxo en marcha un operativo para o levantamento do mesmo.

Fontes da Policía Nacional confirmaron a Europa Press que se trata do cadáver dun home e que xa se procedeu ao seu trasladado ao hospital Nicolás Pena para realizarlle a pertinente autopsia co obxectivo de esclarecer as causas da súa morte.

ÚLTIMAS

Golpe ao emprego na automoción; GKN Driveline Vigo planea un ERE para o 10% do seu persoal

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo comunicou este mércores á representación sindical dos...

Arde unha vivenda e un alpendre en Vigo na Rúa da Ferradura

Unha vivenda e o seu alpendre anexo arderon por completo este mércores en Vigo,...

Caballero busca novas rutas con aeroliñas mais insiste en que Xunta e Deputación deben cofinanciar

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores contacto con responsables das aerolíneas...

Caballero acusa á Xunta de darlle “privilexios medievais” a Santiago por manter alí a facultade de Medicina

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou á Xunta de "conceder privilexios medievais" a...