InicioSociedadeNais e pais de Vigo piden unha mellora da calidade dos comedores...

Nais e pais de Vigo piden unha mellora da calidade dos comedores escolares

Denuncian que hai "alimentos en mal estado, pratos con pouca cantidade de comida, fríos ou menús pouco variados e desequilibrados nutricionalmente"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nais e pais de Vigo pediron este venres unha mellora da calidade da comida dos comedores escolares ante diferentes problemas que denunciaron nos últimos anos en relación co “mal funcionamento” dos servizos de catering dos mesmos.

En comunicado remitido aos medios de comunicación, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do colexio Emilia Pardo Bazán ‘Chouzo’ criticou que levan anos presentado escritos ás autoridades competentes expondo os problemas detectados, como alimentos en mal estado, pratos con pouca cantidade de comida, fríos ou menús pouco variados e desequilibrados nutricionalmente.

“Os nenos tamén manifestan constantemente o seu descontento pola calidade da comida, que con frecuencia é insípida e pouco apetitosa. A pesar de todas as queixas presentadas, non só non se teñen constatado melloras significativas na calidade da comida, senón que ademais sempre se obtén o silencio por resposta”, lamentaron.

A pesar de que os novos pregos do proceso de contratación dos catering para os próximos dous anos si recolle unha “subida considerable” do prezo do menú, no resto dos aspectos “apenas hai avances”. “Tememos que todo vaia a seguir igual”, lamentaron, indicando que, ao seu xuízo, o problema é de xestión.

Neste sentido, celebraron que en Nigrán o próximo curso si poderán utilizar unha cociña propia nun centro na que o catering está obrigado a elaborar os seus menús, pero preguntáronse por que iso non pode ocorrer noutros centros.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...