InicioSociedadeA UVigo enfrontará á de Sevilla na final da competición de debate...

A UVigo enfrontará á de Sevilla na final da competición de debate Ledu STEM-Cátedras Telefónica

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo medirase contra a Universidade de Sevilla na gran final da terceira edición da competición de debate Ledu Stem-Cátedras Telefónica, que se celebrará o vindeiro venres no marco dun encontro dedicado á oratoria no Campus 42 de Distrito Telefónica.

Tras un proceso eliminatorio celebrado o pasado fin de semana, e no que participaron ata 19 unidades españolas, na final competirán a Cátedra Telefónica ‘Espazo de Innovación’, da Universidade de Vigo, representada por Martín Blanco Prego e Pablo García Salgado, e o equipo da Cátedra Telefónica ‘Intelixencia na Rede’ da Universidade de Sevilla, composto por Carlos Rangel García e Yasmine Lakouifat Darkaou.

Tal como apuntou Telefónica nun comunicado, precisamente a Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo, dirixida polo catedrático José Cidrás, quedou gañadora o ano pasado cun equipo composto polos estudantes Guillermo Fernández e Santiago Janeiro, e finalista tamén na edición de 2021.

Nesta edición, os concursantes deberán responder á pregunta: A dixitalización é aliada da transición verde?, exposta nun contexto no que Europa pretende converterse nun líder dixital e verde. Neste sentido, é “esencial” fomentar as sinerxías entre a transición dixital, verde e enerxética para conseguir unha economía competitiva, resiliente e sustentable, segundo subliñou Telefónica.

O equipo gañador de LEDU Stem obterá un trofeo, deseñado e producido con cartón sustentable por Smurfit Kappa, así como unha praza para participar na fase final da liga Española de Debate Universitario, que enfrontará aos 16 mellores equipos do territorio nacional en Córdoba o último fin de semana de setembro. O premio en metálico ao equipo gañador da liga Española de Debate Universitario ascende a 6.000€. O segundo clasificado conseguirá 3.000€.

Previo á competición, levarán a cabo unha serie de intervencións “inspiradoras” a cargo do expolítico Albert Rivera, de Trinidad Jiménez (directora de Estratexia Global de Asuntos Públicos en Telefónica), de Antonio Bengoa (director de relacións internacionais de Telefónica España) ou de campións mundiais de oratoria e debate.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...

Kiko Veneno fará escala en Vigo o 23 de outubro cun concerto entre clásicos e novas cancións

A xira do músico Kiko Veneno fará escala no Auditorio Mar de Vigo o...