InicioSucesosEvacuado a un hospital un home que sufriu unha caída no albergue...

Evacuado a un hospital un home que sufriu unha caída no albergue municipal de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras sufrir unha caída e quedarlle a cabeza atrapada entre o chan e unha porta, no albergue municipal de Marqués de Valterra.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia os feitos ocorreron pouco antes das 23,00 horas deste martes, cando un traballador das instalacións púxose en contacto con Emerxencias para alertar dun home sufrira un accidente no albergue.

Así, o home caeu no baño tras sufrir unha indisposición e quedoulle a cabeza atrapada no oco entre o chan e unha das portas. As persoas que se atopaban alí eran incapaces de liberalo.

O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias 061, a Policía Nacional, Policía Local e aos bombeiros de Vigo. Foron precisamente estes últimos os que se encargaron de liberar ao ferido, que logo foi trasladado en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...