InicioDeportes"Tameiga Resiste", de protesta a opción para nomear a grada renovada de...

“Tameiga Resiste”, de protesta a opción para nomear a grada renovada de Balaídos

A idea deste nome ve dada por un movemento espontáneo popular.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Celta decidiu abrir unha votación popular para cambiar o nome da grada renovada, denominada anteriormente, “Marcador”. O nome máis soado é “Tameiga Resiste”, un berro de loita contra os plans urbanísticos para edificar en “solo rústico de especial protección”, que xorde dun movemento espóntaneo e popular.

A esta iniciativa súmase Ecoloxistas en Acción, que animan á cidadanía a sumarse á votación xa que considerano unha boa maneira de mandar unha mensaxe sobre a importancia do medioambiente. “Como siareiro celtista prefiero que Marcador siga sendo Marcador, pero apoio esta iniciativa para amosar que o celtismo non comulga coas ilegalidades e pelotazos urbanísticos en montes comunais” afirma o coordinador de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas, Xaquín Pastoriza.

Por isto, a organización reclama á Xunta de Galicia que reitere a calificación de interese autonómico a o proxecto, basado este nunha construcción que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegal en sentencia firme.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...