InicioEconomíaBuques de ARVI súmanse á xornada de protesta do sector contra as...

Buques de ARVI súmanse á xornada de protesta do sector contra as políticas de “destrución” de Bruxelas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) sumouse á xornada de protesta común do sector contra as políticas de “destrución do futuro pesqueiro comunitario” postas en marcha pola Comisión Europea.

Será o vindeiro martes 9 de maio, Día de Europa, cando barcos pesqueiros de toda Europa farán soar as súas bucinas durante cinco minutos, tanto os que se atopan en porto como aqueles que estean en alto mar. A reivindicación levará a cabo a partir das 12,00 horas.

“As bucinas dos barcos serven para enviar sinais importantes, algunhas vitais, entre elas a chamada de auxilio. Por iso os pesqueiros comunitarios, estean onde estean, faranas soar ás 12,00 horas no Día de Europa. Os pescadores da Unión Europea lanzarán a súa chamada de socorro á sociedade comunitaria, contra unha política que só busca a súa extinción, o desabastecemento de produto propio dos nosos mercados, a perda dunha mínima soberanía alimentaria, así como do futuro económico e social das rexións europeas que dependen da pesca”, lamentou ARVI nun comunicado.

Segundo a cooperativa, pescadores comunitarios consideran o Día de Europa un “excepcional momento” para mostrar a discrepancia de todo o sector da Unión Europea cunha política pesqueira “que cada vez defende menos os intereses de Europa e apoia menos aos seus pescadores”.

CONCENTRACIÓN EN RIBEIRA

Por outra banda, tamén o martes levará a cabo unha concentración fronte á lonxa de Ribeira para defender os postos de traballo do sector. O Consello Local de Pesca deste municipio reuniuse este venres, onde decidiron apoiar as iniciativas do Sindicato Europeo de Pesca e convocar un acto de protesta en Ribeira.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...