InicioSucesosDetida en Vigo tras agredir á súa nai de 83 anos arrastrandoa...

Detida en Vigo tras agredir á súa nai de 83 anos arrastrandoa polo pelo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller, M.M.B. de Vigo e 45 anos de idade, foi detida este pasado xoves na cidade olívica tras supostamente agredir á súa nai de 83 anos arrastrándoa polo chan mentres a suxeitaba polo pelo.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 23,30 horas desta noite nun domicilio situado na rúa Pablo Iglesias. No lugar unha anciá pedira axuda aos axentes despois de producirse un conflito familiar.

Unha vez alí, os actuantes atopáronse coa octoxenaria, que presentaba un ollo amoratado e o pelo alborotado. Ela manifestou que ao chegar ao domicilio, comezou a discutir coa súa filla, sendo suxeitada polo pelo pola mencionada, que a arrastrou polo chan, chegando a arrincarlle guechos de cabelo.

Por iso, a filla foi detida por un suposto delito de violencia no ámbito familiar, xa que a anciá presentaba lesións compatibles coa agresión.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...