InicioSociedadeCinco membros da banda 'Os Betas' a xuízo por pertenza a grupo...

Cinco membros da banda ‘Os Betas’ a xuízo por pertenza a grupo criminal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal 2 de Vigo acolle este xoves un xuízo contra 4 acusados de formar parte dunha organización criminal, como membros dunha banda latina denominada ‘Os Betas’, especializada en roubos ao descoido e roubos con violencia que cometían, maioritariamente sobre menores, en localidades como a propia cidade olívica, Baiona ou Cangas.

Así, a Fiscalía sinala no seu escrito de acusación dos procesados formaban parte deste grupo de “pandilleiros”, con integrantes de orixe dominicano fundamentalmente, que trataban de imitar o funcionamento e comportamento doutras bandas latinas coñecidas, como os ‘Latin King’, ‘Ñetas’ ou ‘Trinitarios’.

O ministerio público explica que o grupo, que tiña unha estrutura xerárquica “aínda incipiente” e non practicaban ritos iniciáticos, especializouse en roubos a mozos (case todos menores) na vía pública, aos que abordaban para quitarlles os teléfonos ou o diñeiro ao descoido. Outra das artimañas que utilizaban era provocar pelexas ou alborotos para, aproveitando a confusión, subtraer os teléfonos.

Os mozos identificábanse entre eles como membros de ‘Os Betas’, facían ostentación en redes sociais do uso de armas e drogas, con saúdos e xestos rituais, e mesmo tiñan un “territorio”, no barrio de Fátima, onde facían pintadas para marcar a súa zona de influencia. Os acusados teñen condenas anteriores por roubos con violencia. Ademais, a Fiscalía atribúelle outro roubo con violencia, e varios furtos, cometidos no verán de 2018 en Vigo, Baiona e Cangas.

A Fiscalía pide para eles penas que oscilan entre o ano e os dous anos e medio de prisión, e multas de 450 euros. Tamén reclama que indemnicen ás vítimas dos roubos no valor dos teléfonos e diñeiro subtraídos.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...