InicioSucesosA Policía segue á procura de pistas sobre o incendio de dous...

A Policía segue á procura de pistas sobre o incendio de dous buses urbanos en Vigo

A Policía científica atópase visionando as imaxes das cámaras dos buses e das zonas do arredor e analizando os restos que quedan do autobús calcinado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa a investigación aberta pola Policía Nacional da comisaría de Vigo para esclarecer as circunstancias dos incendios que afectaron a dous autobuses urbanos na cidade de Vigo o pasado fin de semana, quedando un deles totalmente calcinado.

Fontes policiais informaron de que a Policía científica continúan elaborando o seu informe e solicitando posibles pistas que axuden a achegarse ao autor ou autores deses incendios. Así mesmo, está a procederse ao visionado das cámaras tanto dos buses como da zona onde arderon. Con todo, polo momento, non hai ninguén identificado nin detidos.

Os feitos ocorreron na noite do pasado domingo cando se declarou un incendio nun autobús da liña C3 cando circulaba á altura de Tomás Alonso. Nese caso o condutor puido sufocar as chamas facendo uso dos medios que leva o propio autocar. Minutos máis tarde, declarábase outro no autobús da liña 4A cando este se atopaba en pleno centro da cidade. As chamas iniciáronse na parte traseira do vehículo e acabaron calcinando por completo o autobús.

En ningún dos dous casos producíronse feridos. Tanto dende o Concello como dende a propia concesionaria, Vitrasa , condenáronse estes feitos que, todo apunta, foron intencionados.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...