InicioVigo e contornaVigoDetido un veciño de Vigo por circular nun ciclomotor roubado e sen...

Detido un veciño de Vigo por circular nun ciclomotor roubado e sen carné

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a un veciño da cidade, I.C.A., de 21 anos de idade, como presunto autor do roubo dun ciclomotor, e abriron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria, por conducir a moto sen ter carné.

Os feitos ocorreron, segundo fontes policiais, ao mediodía deste xoves, cando unha patrulla que circulaba pola rúa Beirán, en Matamá, localizou un ciclomotor estacionado e que figuraba como roubado desde o pasado ano.

Os axentes estableceron un dispositivo de vixilancia apoiado por axentes de paisano e, apenas media hora despois, observaron a un mozo que se dirixía á moto e iniciaba a marcha.

Os funcionarios policiais interceptárono e identificaron, comprobando que o mozo non presentaba ningún permiso nin licenza para conducir. Así mesmo, ao comprobar os datos do vehículo, verificaron que se trata dun ciclomotor que figura como roubado nas bases da DXT.

Por iso, procederon á súa detención polo suposto roubo, e tamén instruíron dilixencias por conducir sen ter ningún tipo de permiso (suposto delito contra a seguridade viaria).

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...