InicioEconomíaComeza a tempada de viaxes diarias ás Illas Cíes

Comeza a tempada de viaxes diarias ás Illas Cíes

Poderán reservarse visitas ata o mes de outubro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A navieira Mar de Ons leva a cabo este martes, 25 de abril, as primeiras viaxes diarias da tempada ás Illas Cíes e prestará viaxes á Illa de Ons durante a ponte de maio. Xa non quedan prazas dispoñibles para viaxar ás Illas Cíes os días 29 e 30 de abril e a cota de 450 prazas está esgotada para os primeiros días da ponte de maio

As Illas Cíes, O destino natural máis importante de Galicia, é un dos principais puntos de turismo cos que que Naviera Mar de Ons mantén viaxes durante a meirande parte do ano. Os barcos partirán desde os portos de Cangas e Vigo. A naviera ofrecerá este servizo diario para visitar as Illas Cíes ata o mes de outubro, aumentando frecuencias e portos de saída a medida que a tempada e a demanda avance.

Pola súa parte, a compañía viaxará a Ons desde os portos de Bueu, Sanxenxo, Portonovo e Vigo durante a ponte de maio para atender a toda a demanda de visitantes que se prevé para esta festividade. As viaxes realizadas ata o 14 de maio incluirán unha visita guiada a pé tanto nas Illas Cíes como na Illa de Ons. Ademais, a compañía tamén fretará viaxes á Illa de Tambo desde o porto de Combarro.

Só en Semana Santa rexistráronse máis de 11.000 autorizacións para acudir ás Illas Cíes, segundo datos da Central de Reservas da Xunta de Galicia. Neste sentido e ante a demanda de visitantes, Naviera Mar de Ons anticipa as viaxes diarias a este destino desde hoxe e ata o mes de outubro.

ÚLTIMAS

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...