InicioPolíticaA oposición en bloque pide responsabilidades ante a orde de ingreso en...

A oposición en bloque pide responsabilidades ante a orde de ingreso en prisión do exfuncionario do ‘caso enchufe’

Denuncian o "silencio" do goberno local que "nunca" deu "explicacións" sobre a contratación da cuñada de Carmela Silva

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os grupos políticos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este xoves o “silencio” do goberno local ante a orde xudicial de ingreso en prisión para o exfuncionario condenado por ‘enchufar’ á cuñada de Carmela Silva, e esixiron responsabilidades políticas e explicacións.

Por parte do PP, referiuse a esta cuestión o candidato, membro da lista de Marta Fernández-Tapias, Miguel Martín, que constatou que este caso, no que a familiar de Silva cobrou máis de 100.000 euros por un traballo que nunca realizou, “é o maior escándalo de corrupción política rexistrado nunca en Galicia“.

Así mesmo, denunciou as “presións” a asociacións e entidades da cidade para que se adherisen á petición de indulto do condenado (petición que a Audiencia deu por desestimada, ao non haber resposta do Goberno transcorrido máis dun ano). “O caso é dunha gravidade máxima… É que alguén se cre a estas alturas que este funcionario contratou á cuñada da tenente de alcalde e presidenta da Deputación sen unha orde previa?”, dixo.

MAREA DE VIGO E BNG

Pola súa banda, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa, sinalou que os motivos que esgrimía o condenado para acceder ao indulto eran “imposibles”. Do mesmo xeito, subliñou que é “absolutamente denunciable” que representantes de varias asociacións da cidade, algúns sen o conocimimento do resto de membros das súas entidades, asinasen a adhesión á solicitude de indulto.

Respecto diso, reclamou “responsabilidades políticas” a quen “tentou mover ese indulto” e tamén “sociais” aos presidentes dos colectivos que asinaron ese documento “infame” con “argumentos partidistas”.

Finalmente, o concelleiro do BNG no consistorio olívico, Xabier Pérez Igrexas, tamén lamentou que o goberno local socialista “non deu ningunha explicación á cidade sobre o maior caso de corrupción da historia do Concello”, que supuxo o “roubo de 108.000 euros de diñeiro público” para contratar a unha familiar directa de Silva.

Para o edil nacionalista, o “silencio” do goberno municipal é “intolerable en termos de hixiene democrática”, como tamén o é “a negativa do PSOE a condenar este caso”. “É claro e evidente que as clamorosas relacións persoais que envolven o caso non foron casualidade”, sinalou.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...