InicioPolíticaUn xulgado admite a trámite unha querela contra o alcalde da Cañiza...

Un xulgado admite a trámite unha querela contra o alcalde da Cañiza por denegar ao PP acceso a documentos municipais

O PPdeG critica que non é a primeira vez que o fai.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de Instrución 3 de Ponteareas admitiu a trámite unha querela contra o alcalde da Cañiza, o socialista Luís Piña, presentada polo PP desta localidade, por un suposto delito de prevaricación, ao denegar aos ‘populares’ o acceso a certos expedientes e documentos municipais.

O xulgado emitiu un auto o pasado 11 de abril no que acorda a apertura de dilixencias, xa que os feitos reflectidos na querela “presentan características que fan presumir a posible existencia de delito/s de prevaricación administrativa“. Polo momento, non se concretaron posibles responsabilidades persoais ao non estar determinadas a natureza e circunstancias dos feitos nin as persoas que interviñeron.

Con todo, o xulgado xa ordenou as primeiras dilixencias, entre elas citar como testemuña ao portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Domínguez, que interpuxo a querela e que queda personado como acusación popular. O PP da Cañiza advertiu de que, se se proba o suposto delito de prevaricación, o rexedor pode enfrontarse a unha inhabilitación de ata 15 anos.

Respecto diso, os ‘populares’ lembraron que hai unha sentenza do contencioso administrativo de 2020 que xa condenou ao alcalde da Cañiza, precisamente por non facilitar o acceso do PP a expedientes municipais. A pesar deste antecedente, denunciou o PP, Luís Piña volveu a asinar resolucións “expresas” que denegan o acceso do grupo municipal do PP a documentos, entre eles e

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...