InicioSucesosCondenado a 14 anos de cárcere o home que asasinou o seu...

Condenado a 14 anos de cárcere o home que asasinou o seu provedor de droga en Chapela

O xulgado tivo en conta o atenuante de confesión do asasino.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 14 anos de cárcere a un home acusado de asasinar o seu provedor de cocaína no barrio redondelano de Chapela. Os feitos ocorreron o 27 de xaneiro de 2021 e para el, Fiscalía solicitaba unha pena de 14 anos e 11 meses de prisión, aínda que finalmente o tribunal estableceu 14 anos.

O xurado, tal como se recolle na sentenza, considerou probado que o acusado causoulle a morte por asfixia á vítima despois de que este se negara a fiarlle a compra de cocaína. “Coñecía o risco de que podía causarlle a morte ao bloquearlle a respiración, aínda que este resultado non fose o desexado, e aínda así decidiu facelo”, subliña a sentenza, na que destaca que a agresión tivo lugar “por detrás, cando o afectado estaba sentado, ceando e coa boca chea, e alleo ao que ía suceder, de maneira que non tivo ocasión de defenderse”.

ATENUANTES

O agora condenado, unha vez detido e durante o curso da investigación, recoñeceu parcialmente os feitos e axudou a recuperar o terminal e as chaves do falecido, polo que se tivo en conta a atenuante de confesión. Ademais, tamén se aplicou a atenuante de drogadicción xa que, no momento dos feitos, o acusado estaba diagnosticado dun trastorno de personalidade con déficit de control de impulsos e dun trastorno por uso de sustancias (principalmente alcol e cocaína). A sentenza non é firme e contra a mesma cabe presentar recurso ante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...