InicioSociedadeA folga de letrados reduciu un 33% as notificacións nos xulgados de...

A folga de letrados reduciu un 33% as notificacións nos xulgados de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de notificacións que entraron nos xulgados de Vigo durante os meses de febreiro e marzo, coincidindo coa folga de Letrados da Administración de Xustiza, reduciuse un 33,3% en comparación co mesmo período de 2022.

En concreto, a media de notificacións diarias durante os dous meses foi de 1.767, fronte ás 2.648 rexistradas en febreiro e marzo do ano pasado. A caída foi máis forte en febreiro, cun 37,8% menos, mentres que en marzo diminuíu un 29%, segundo informa o Ilustre Colexio de Procuradores nun comunicado.

Ademais, desde a finalización da folga o pasado 28 de marzo, a entrada de notificacións diarias incrementouse un 3,5% con respecto a abril do ano pasado, un aumento que os profesionais prevén que se agrave tras a nova folga de funcionarios de xustiza que se inicia este venres.

Por iso, o Colexio de Procuradores de Vigo advertiu de que a nova folga acentuará o problema e contribuirá ao “colapso” da xustiza nas salas viguesas se non se toman medidas de forma urxente. Por iso, piden á Administración autonómica que impulse un sistema graduado de entrada de notificacións.

“Vigo é unha das cidades galegas con maior atasco xudicial, un problema xa de seu estrutural que as folgas só contribúen a agravar. Os procuradores temos a man aberta para contribuír a axilizar a xustiza porque o acceso á xustiza é un dereito fundamental“, indicou o decano dos procuradores vigueses, José Antonio Fandiño.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...