InicioVigo e contornaVigoRestablecida a circulación ferroviaria entre Vigo e Redondela tras un pequeno incendio...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Vigo e Redondela tras un pequeno incendio nunha arqueta

PUBLICADO O

- Advertisement -

A circulación de trens entre a estación de Vigo-Vialia e Redondela queda restablecida tras varias horas de cese de actividade debido a unha avaría eléctrica nunha arqueta, causada por un incendio que afectou a un cable subterráneo nas proximidades da terminal viguesa, aínda que fontes da compañía eléctrica explicaron que os técnicos seguen traballando na zona.

A avaría provocou cortes de subministro eléctrico no complexo intermodal de Vialia en Urzáiz e en rúas próximas, e ata o lugar desprazáronse efectivos de bombeiros (que acudiron alertados polo fume que saía da arqueta) e de Policía Local (para regular o tráfico, dado que estaban inutilizados grupos semafóricos e había algún problema no acceso e saída do aparcadoiro).

Ademais, o incidente obrigou a suspender os trens entre Vigo e Redondela, polo que os viaxeiros foron desviados á estación de Guixar. Así, resultaron afectados tres servizos de media distancia entre Vigo e A Coruña, en ambos os sentidos, e outro tres servizos de trens Alvia con orixe e destino Madrid.

AFECTADOS 3.000 CLIENTES

A avaría eléctrica deixou sen subministración a 3.000 clientes de Naturgy, pero quedou resolta por completa ás 18,00 horas, despois de que ás 16 estivese restablecido o servizo para un 90 por cento dos usuarios.

Fontes da compañía confirmaron a Europa Press que a recuperación se produciu de forma paulatina e que os últimos en recuperar a subministración eléctrica foron os locais do centro comercial máis próximos á Praza da Estación, onde se localizou a avaría.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...