InicioVigo e contornaVigoIncendio nun baixo comercial de Vigo iniciado cando ardeu unha batería

Incendio nun baixo comercial de Vigo iniciado cando ardeu unha batería

Unha vez apagadas as chamas, o mando de Bombeiros apuntou que todo sinalaba que a orixe do sinistro estaría nunha batería que comezara a arder.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de Bombeiros e da Policía Local de Vigo interviñeron nas últimas horas nun incendio rexistrado nun baixo comercial da cidade olívica, e cuxo orixe podería estar, segundo fontes policiais, nunha batería.

Os feitos ocorreron pouco antes das 22,30 horas deste mércores, cando o 112 avisou á Policía Local por un incendio nun baixo da rúa Tarragona.

Os axentes que se desprazaron á zona observaron, á súa chegada, as chamas no interior do establecemento, e alertaron aos bombeiros e ao propietario do local. Para non perder tempo, e dado que o responsable do establecemento aínda estaba de camiño, os axentes forzaron o enreixado de acceso para permitir o traballo dos servizos de extinción.

Unha vez apagadas as chamas, o mando de Bombeiros apuntou que todo sinalaba que a orixe do sinistro estaría nunha batería que comezara a arder. Os danos afectaron a unha parte do interior do local, e a varios dos produtos que tiña en venda.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...