InicioPolíticaO PSOE vigués pregunta a Rueda "se está gardando o sitio" a...

O PSOE vigués pregunta a Rueda “se está gardando o sitio” a Fernández-Tapias na presidencia do Porto

O secretario xeral do PSOE vigués e portavoz do goberno municipal, Carlos López Font, trasladou a súa "preocupación polo que está a ocorrer no PP de Vigo en relación co porto".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A agrupación socialista de Vigo instou ao presidente da Xunta e presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, a aclarar se “lle está gardando o sitio” na presidencia do Porto á candidata ‘popular’ á Alcaldía, Marta Fernández-Tapias, en previsión duns malos resultados electorais o próximo 28 de maio, e advertiu de que, se é así, a candidatura do PP é unha “farsa”.

En declaracións remitidas aos medios, o secretario xeral do PSOE vigués e portavoz do goberno municipal, Carlos López Font, trasladou a súa “preocupación polo que está a ocorrer no PP de Vigo en relación co porto”, que cualificou como “auténtico escándalo”.

Así, denunciou que o Partido Popular “está a gardar o sitio, gardando a presidencia do porto de Vigo á candidata do PP ás eleccións municipais” e advertiu disto é “unha farsa moi grave”, porque “están a enganar á xente”.

“Rueda sabe que a candidata do PP é feble politicamente e que vai obter un mal resultado, por iso estalle buscando sitio, e debe dicilo xa”, proclamou López Font, quen afirmou que o Porto é “moi importante” para Vigo e “non pode converterse nunha mercadoría, nun retiro”.

“Rueda como presidente do PP, pero tamén como presidente da Xunta, debe dicirllo xa aos vigueses. Se está a gardar a presidencia do Porto á candidata, porque se é así, a candidatura é unha completa farsa”, sentenciou.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...