InicioPolíticaO BNG de Vigo denuncia un "autogolpe urbanístico" por parte do concello

O BNG de Vigo denuncia un “autogolpe urbanístico” por parte do concello

Recorre a suspensión "ilegal" do cómputo do prazo da ordenación provisional por parte de Urbanismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo presentou recurso de reposición contra o acordo da Xerencia de Urbanismo para suspender durante 3 meses o cómputo do prazo de vixencia do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP), por considerar que se trata dunha decisión “ilegal”, adoptada de forma “unilateral”, sen sometela a ditame do Pleno e que “carece de motivación”.

Segundo confirmou o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, a suspensión dese prazo é “un verdadeiro autogolpe urbanístico” e vaise a traducir en “unha colosal inseguridade xurídica”, ademais de atrasar a tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Pérez Igrexas asegurou que, ao contrario do que mantén o goberno local, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, “carece de competencias para adoptar esa resolución” e que o propio secretario do Concello advertiu de que debe ser sometida a debate no Pleno e contar con ditame do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, “que non foi consultado”.

O concelleiro do BNG lembrou que a vixencia do IOP está condicionada ao cumprimento duns prazos de tramitación da novo PXOM, e que a data tope para ter aprobado provisionalmente o plan urbanístico é o 18 de maio. Coa decisión da Xerencia suspéndese o cómputo do prazo, e o argumento do goberno local é a demora na emisión de informes por parte da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...