InicioSucesosUnha vela causa un incendio no interior dunha vivenda en Vigo

Unha vela causa un incendio no interior dunha vivenda en Vigo

O incendio sorprendeu á ocupante da casa, que estaba na ducha no momento no que se produciu o incidente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha vela provocou un incendio no interior dunha vivenda en Vigo. A persoa que estaba dentro da vivenda saíu ilesa. Segundo informou o 112, os feitos tiveron lugar ás 14,00 horas nunha vivenda unifamiliar situada no lugar Senra de Abaixo.

O incendio sorprendeu á ocupante da casa, que estaba na ducha no momento no que se produciu o incidente. Ao parecer, unha vela prendeu nunha cortina e desencadeouse un incendio con efectos no mobiliario da cociña. Ademais, o fume tamén se estendeu pola vivenda e ocasionou danos.

Para sufocar o incendio, desde o 112 pediuse a colaboración dos Bombeiros de Vigo e tamén acudiron os axentes da Policía Local e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ARDE UNHA ADEGA EN VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

Por outra banda, pouco antes das 15,00 horas, o 112 rexistrou outro incendio en Vilamartín de Valdeorras. Foi nunha casa deshabitada, e o que se viu afectado foi unha adega e o seu contido: ferramenta e leña. Tampouco neste caso houbo persoas feridas.

Acudiron os Bombeiros de Valdeorras, membros do GES e voluntarios de Protección Civil.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...