InicioPolíticaAbel Caballero acusa á Xunta dunha "campaña antiVigo" por multala pola antiga...

Abel Caballero acusa á Xunta dunha “campaña antiVigo” por multala pola antiga EDAR de Coruxo

O rexedor lembra que o parque de bombeiros de Coruxo é "provisional" e afirma que a APLU "non ten razón".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, atribuíu a sanción imposta pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ao Concello pola construción dun parque de bombeiros provisional nas instalacións da antiga EDAR de Coruxo a unha “campaña antiVigo” da Xunta de Galicia.

Preguntado polos medios acerca desa sanción e das decisións que adoptará o goberno municipal (tendo en conta de que, ademais da multa de case 28.000 euros, a APLU ordena pechar o parque e repor ao seu estado orixinal as instalacións), o alcalde limitouse a sinalar que “se seguirá atendendo moi ben a seguridade da cidade”.

“Supoño que a APLU non quere que quedemos sen bombeiros, supondo que a APLU teña razón, que non a ten”, proclamou o rexedor olívico. Segundo Abel Caballero, o expediente sancionador do organismo de protección da legalidade urbanística responde a unha “campaña antiVigo” da Xunta. “Isto é política, porque é unha instalación provisional. É política antiVigo da Xunta, que está nunha campaña contra a cidade”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...