InicioSucesosOs dous detidos por agredir a un mozo na Praza da Estrela...

Os dous detidos por agredir a un mozo na Praza da Estrela de Vigo quedan en liberdade como investigados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución de garda de Vigo decretou a posta en liberdade, en calidade de investigados, dos homes detidos na madrugada do pasado martes tras atacar a un mozo cunha botella e unha navalla na Praza da Estrela da cidade olívica.

Os feitos ocorreron na madrugada do luns ao martes, cando o 091 acudiu á Praza da Estrela alertada por unha pelexa e pola presenza dun mozo ferido. O mozo, de 20 anos de idade, presentaba unha brecha na cabeza por un ‘botellazo’, un corte nun brazo e mazaduras polo corpo.

Segundo o seu relato, esa noite increpara a varias persoas que estaban a molestar a un menor na Praza da Estrela. A vítima abandonou o lugar pero volveu un tempo despois e, nun momento en que se apartou do seu grupo de amigos, os mozos aos que interpelara abalanzáronse sobre el e agredírono.

A vítima foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro e, tras ser atendido das súas lesións, recibiu o alta. Mentres, a Policía Nacional detivo a dúas dos presuntos autores da agresión, que pasaron a disposición xudicial nas últimas horas, e quedaron libres, en calidade de investigados.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...