InicioSucesosTrasladan a unha muller ferida tras unha saída de vía en Redondela

Trasladan a unha muller ferida tras unha saída de vía en Redondela

As persoas tiveron que evacuala porque comenzaba a saír fume do vehículo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo en Redondela. Segundo informou o 112, foi un particular o que, pasadas as 20 horas deste mércores, alertou ao servizo dunha saída de vía en Camiño da Pica Morena, Cabeiro (Redondela).

Do coche accidentado comezaba a saír fume, e as persoas que se achegaron nun primeiro momento sacaron á única implicada para pola a salvo, aínda que finalmente non se orixinaron chamas.

O 112 solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Mos, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela. Os membros de Protección Civil apuntaban a potencial gravidade da ferida, que sería trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...