InicioEconomíaA sétima edición da aceleradora ViaGalicia dá o pistoletazo de saída con...

A sétima edición da aceleradora ViaGalicia dá o pistoletazo de saída con 36 proxectos

Os proxectos apoiados ao longo de dez anos crearon 550 empregos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 36 proxectos chegaron ao Startup Day de ViaGalicia na sede viguesa da Zona Franca, que hoxe deu o pistoletazo de saída da sétima edición desta aceleradora de empresas cunha xornada de traballo no Centro de Negocios de Porto do Molle, en Nigrán (Pontevedra).

Tras un primeiro encontro en Lugo o pasado luns, este mércores o delegado do Estado, David Regades, deu a benvida aos participantes. “ViaGalicia, que naceu da man do Consorcio como ViaVigo, cumpre dez anos de éxito na súa actividade, cun total de 78 proxectos innovadores de emprendemento apoiados, que crearon uns 550 empregos“, reivindicou Regades.

Dos 36 proxectos da sede de Vigo, un total de 19 son da cidade olívica, mentres que tres son de Nigrán; dous, de Ourense; dous, da Coruña, e un no caso dos municipios de Pontevedra, O Porriño, Muros, Madrid, Gondomar, Tui, Sanxenxo, A Estrada, Salvaterra e Derio (Biscaia). Todos eles súmanse aos 20 proxectos que iniciaron o seu traballo na sede de Lugo. En total 56 pasaron o primeiro corte, de máis de 140 iniciativas presentadas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...