InicioSucesosIntoxicadas tres persoas por inhalación de fume no incendio dunha vivenda en...

Intoxicadas tres persoas por inhalación de fume no incendio dunha vivenda en García Barbón

Os indicios apuntan a un calefactor como orixe do lume declarado no piso

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron intoxicadas por inhalación de fume ao declararse un incendio na vivenda na que se atopaban, situada en Vigo. O suceso tivo lugar ás 16,45 horas deste martes nun inmoble da Avenida de García Barbón, segundo informou o CIAE 112 Galicia, que foi alertado polos veciños.

Unha das persoas feridas tivo que ser trasladada en ambulancia ao punto de atención continuada da cidade, mentres que os dous restantes foron atendidos na zona polo equipo de urxencias desprazado ata o lugar. Os indicios apuntan a un calefactor como orixe do lume declarado no piso, onde reside un matrimonio de avanzada idade, como apunta a central de emerxencias.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...