InicioVal MiñorBaionaUn helicóptero traslada de urxencia a un home que se curtou...

Un helicóptero traslada de urxencia a un home que se curtou cunha motoserra en Baredo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido de gravidade tras sufrir un corte coa motoserra que manexaba, nun local da súa propiedade en Baredo, en Baiona, o que motivou o seu traslado en helicóptero medicalizado.

Segundo informa o 112 Galicia, o accidente aconteceu arredor das 11,30 horas. Debido á gravidade das lesións que se produciron houbo que desprazar un helicóptero medicalizado. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, tamén puxo o accidente en coñecemento da Garda Civil, a Policía Local e o GES de Val Miñor. O ferido foi trasladado na aeronave até o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...