InicioSociedadeMáis do 25% das 1.600 vivendas que proxecta a Xunta no barrio...

Máis do 25% das 1.600 vivendas que proxecta a Xunta no barrio vigués de Navia destinaranse a aluguer social

Con todo, podería haber máis baixo este tipo de protección

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este luns que o Goberno galego ten previsto construír 409 novas vivendas de promoción pública no barrio de Navia destinadas a aluguer social.

Estes inmobles enmárcanse nos 1.600 que proxecta o Executivo galego na zona, que contarán todos eles con algún tipo de protección, xa sexa para destinalas á súa venda ou ao aluguer.

Das que construirá a Xunta, debido a que algunhas delas serán diferentes cooperativas as que as leven a cabo, 409 serán de aluguer social, o que supón máis dun 25% do total de 1.600. Con todo, podería haber máis baixo este tipo de protección, segundo fontes do Executivo autonómico consultadas por Europa Press.

Fernández-Tapias indicou que estas vivendas reforzarán o actual parque público da cidade, integrado por 578 vivendas de protección oficial adxudicadas xa en réxime de arrendamento, con prezos reducidos.

Así mesmo, informou que a Xunta adquiriu un total de 18 novas vivendas na cidade que eran propiedade da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) e de Abanca e que xa están adxudicadas en réxime de aluguer social Así o fixo durante unha reunión con representantes de zos Ninguéns, colectivo social vigués que se ocupa das persoas vulnerables e en risco de exclusión social.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...