InicioEconomíaO comité de empresa presenta unha denuncia por "peche patronal" de Ganomagoga...

O comité de empresa presenta unha denuncia por “peche patronal” de Ganomagoga en Ponteareas

Os traballadores, que estes días estiveron facendo garda nas instalacións, viron este luns con que a empresa cambiara este fin de semana as fechaduras "sen previo aviso".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Talleres Ganomagoga presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo polo “peche patronal” da empresa, inmersa en pleno proceso de negociación dun ERE de extinción, e sinalou que os traballadores, que estes días estiveron facendo garda nas instalacións, viron este luns con que a empresa cambiara este fin de semana as fechaduras “sen previo aviso”.

Segundo informou a CIG, os traballadores atopáronse con que non poden acceder ao interior da empresa e están a pasar a xornada “á intemperie”. Tras pór os feitos en coñecemento da autoridade laboral, a inspección levantou ” acta”.

O presidente do comité, Xabier Pérez, explicou que, ao chegar a Talleres Ganomagoga, o encargado tentou entrar como cada día pero non puido abrir a porta porque a fechadura estaba cambiada. “Chamamos á Garda Civil, pero dixéronnos que non era cousa deles “, relatou, e explicou que, nese momento, a CIG decidiu denunciar o ocorrido ante a Inspección.

Pérez explicou que ninguén comunicou ao persoal o peche das instalacións, a pesar de que moitos traballadores teñen obxectos persoais dentro e expresou o seu rexeitamento ás explicacións da empresa, que alega que pechou a nave para “protexer” a fábrica, despois de que aparecesen pintadas no exterior.

“Seguimos sendo traballadores da empresa, porque aínda non fomos despedidos”, sinalou o presidente do comité, que tacha o sucedido de “peche patronal en toda regra”. Así mesmo, lembrou que, aínda que Talleres Ganomagoga leva dúas semanas sen actividade, sen luz nin auga, o persoal desprazábase a diario ás instalacións.

A partir de agora, avanzou, seguirán facéndoo , aínda que terán que quedar no exterior do recinto. Así as cousas, só permanece aberta a fábrica que o grupo ten en Mos, xa que tanto os centros de Vigo como o do Porriño están pechados e o seu persoal atópase en situación permiso retribuído.

Mentres, os traballadores manteñen o seu calendario de protestas e ete luns concentráronse ás portas do Concello de Mos, onde entregaron un escrito para pedir, do mesmo xeito que xa fixeron nos outros municipios, a intercesión da corporación local ante as administracións.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...