InicioSucesosPiden máis de 9 anos de cárcere para o presunto autor de...

Piden máis de 9 anos de cárcere para o presunto autor de varios incendios en Salvaterra

Os lumes producíronse no verán de 2020, en zonas próximas a vivendas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 9 anos e medio de cárcere para un home que será xulgado este martes na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, como presunto autor de varios incendios forestais declarados no verán de 2020 no municipio pontevedrés de Salvaterra do Miño.

Segundo o escrito de acusación pública, o procesado prendeu lume en varias zonas de monte da parroquia de Uma entre as 16,00 e as 21,07 horas do día 22 de xullo de 2020. Dáse a circunstancia de que esa xornada as temperaturas excederon con fartura os 30 graos centígrados e o índice de risco de incendio era extremo, e varios dos lumes declaráronse próximos a vivendas.

Por estes feitos, a Fiscalía acúsao de dous delitos de incendio forestal de especial gravidade e un delito de danos por incendio. Tras pedir que se aplique a circunstancia atenuante de alteración psíquica (o acusado ten un cociente de intelixencia límite, con trastornos de conduta), solicita que sexa condenado a penas que suman 9 anos e medio de prisión, e multas por 9,600 euros.

Así mesmo, aínda que os donos dos terreos afectados renunciaron a ser indemnizados, si pide que pague á Xunta 6.550,86 euros polos gastos derivados da extinción deses incendios.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...