InicioSucesosA Escola de Arte Dramática será desinfectada tras detectarse máis de 15...

A Escola de Arte Dramática será desinfectada tras detectarse máis de 15 casos de sarna

Un 10% do alumnado do centro viuse afectado e Saniade subliña que non se trata dun "brote"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, situada en Vigo, pechará o vindeiro luns para levar a cabo labores de desinfección tras detectarse máis de 15 casos de sarna, o que supón aproximadamente un 10% do alumnado do centro.

Así o confirmou a Europa Press o seu director, Roberto Relova, quen explicou que nos últimos días algúns estudantes comezaron a ter síntomas desta enfermidade, que posteriormente foron confirmados. A partir de aí, foi crecendo o número de mozos con sarna, que xa rolda os 20 de 170 alumnos que en total ten a escola.

A pesar de que se incrementaron as desinfeccións das aulas e demais espazos para evitar o contaxio, o vindeiro luns, día 27 de marzo, o centro pechará durante unha xornada para poder acometer unha limpeza en profundidade.

Aínda que explicou que Sanidade subliña que non se trata dun “brote”, xa que non se confirmaron tantos casos, Relova puxo o foco na importancia de ter precaución e de aumentar a hixiene, non só nas instalacións, senón tamén nos fogares dos estudantes.

Preguntado sobre os primeiros casos, dixo que algúns mozos comezaron a notar picores nos pés e nas pernas, observando uns círculos na pel. Aos poucos máis alumnos sumáronse aos síntomas, xa que o contacto estreito e as clases descalzos é algo habitual no centro. O director da Escola de Arte Dramática de Galicia sinalou que os contaxiados poden seguir indo a clase, sempre que eviten o contacto con outros alumnos.

ÚLTIMAS

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...

Vigo entra en alerta polo nivel de Eiras: Caballero esixe á Xunta reducir o caudal ecolóxico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir sobre o baixo nivel do encoro...

Vigo súmase ás acampadas pola vivenda cunha protesta “indefinida” na Alameda

Unha vintena de persoas sumáronse nas últimas horas en Vigo ás acampadas pola vivenda...

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...