InicioPolíticaO Pleno aproba a concesión das Medallas da Cidade e os 14...

O Pleno aproba a concesión das Medallas da Cidade e os 14 Vigueses Distinguidos

Apoiou por unanimidade a concesión de dúas Medallas de Ouro da Cidade de Vigo, ao xornalista e cronista da cidade, Ceferino de Blas (a título póstumo), e a Estaleiros Armón

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno municipal de Vigo aprobou este martes, en sesión extraordinaria, a concesión da Medalla da cidade e os galardóns a 14 novos Vigueses Distinguidos. Así, a Corporación apoiou por unanimidade a concesión de dúas Medallas de Ouro da Cidade de Vigo, ao xornalista e cronista da cidade, Ceferino de Blas (a título póstumo), e a Estaleiros Armón.

No caso do recoñecemento de Vigueses Distinguidos, a listaxe de 14 persoas e institucións contou co voto do PSOE, PP e Marea de Vigo, mentres que o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, abstívose, ao ser o único cuxas propostas de Vigueses Distinguidos (a falecida portavoz da PAH, Carlota Pérez; o falecido expresidente da AAVV de Teis, Antonio Collazo; e o colectivo Os Ninguéns) foron rexeitadas polo goberno local.

Deste xeito, terán o seu recoñecemento como Vigueses Distinguidos a catedrática de Inmunoloxía da UVigo, África González; Martín de la Puente, tenista en cadeira de rodas; María Castro e Mariana Carballal, actrices; o adestrador e seleccionador de baloncesto feminino, Miguel Méndez; a científica Ana Ulla; o vicevaledor do Cidadán, Antón Vidal; os colexios Mestres Goldar, Ramón y Cajal e Nosa Señora da Esperanza, que cumpren 50 ou máis anos; o Racing de Castrelos Club de Fútbol, polo seu centenario; o Valladares Club de Fútbol, polo seu centenario; ao adestrador de boxeo, Paco Amoedo (a proposta de Marea); e o medio maratón Vig-Bay (a proposta do PP).

O acto de entrega de galardóns será este xoves, ás 20,00 horas, no Teatro Afundación, no marco das celebracións a Reconquista 2023. O autor do bando será Roberto Cavallo, director xeral de Denso e presidente do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA).

ÚLTIMAS

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...