InicioSen categorizarVIDEO | Aixada en man, unha veciña de Valeixe tapa as fochancas...

VIDEO | Aixada en man, unha veciña de Valeixe tapa as fochancas da estrada

PUBLICADO O

- Advertisement -

O “arrecendo” a piche na rúa tradicionalmente vai ligado ao periodo pre-electoral, onde a maquinaria de asfaltado ponse en marcha para cubrir en tempo record os camiños e estradas que quedaron pendentes durante os catro anos de lexislatura previos.

Non en tanto en Valeixe, onde unha veciña optou por tomar medidas para correxir, cando menos temporalmente, as fochancas que ten a estrada pola que transita.

“Yo no trabajo para el ayuntamiento pero, mi coche me duele porque es mío y lo tengo que pagar. Terei que tapar os buratos” xustifica Esther, aixada en man.

Fai dous anos que Esther reclamou no concello a reparación das fochancas no camiño sen efecto. “Eu non teño problema co concello, non teño queixa porque a verdade é que sempre me atenderon. Pero fixen este video porque a min me doe vir de traballar e tropezar todos os días varias veces cos mesmo baches, e estragar os amortiguadores e as rodas do coche. E por ese motivo fixen este vídeo. Porque a min iso non mo paga o concello”.

O vídeo publicado por esta veciña leva case 1500 reproduccións en menos de 24 horas de publicación.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...