InicioCulturaPablo López, primeiro artista confirmado para os concertos de Castrelos

Pablo López, primeiro artista confirmado para os concertos de Castrelos

López é unha das figuras "máis importantes do pop actual", valorou Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O artista malagueño Pablo López actuará o próximo 24 de xullo no auditorio de Castrelos, sendo o primeiro concerto do programa Vigo en Festas 2023 desvelado polo alcalde, Abel Caballero.

En rolda de prensa, o rexedor olívido destacou que López é unha das figuras “máis importantes do pop actual”, desde que se deu a coñecer en 2008 na sexta edición de Operación Triunfo, onde quedou en segunda posición por detrás de Virginia Maestro.

Na actualidade é un dos coach habitual do programa ‘La Voz’ e obtivo un dobre disco de platino en 2015 con ‘El mundo y los amantes inocentes’ e en 2017 con ‘Camino, fuego y libertad’.

Ademais, Abel Caballero indicou que “deica pouco” anunciase algo relacionado con como levarán a cabo este ano as reservas de entradas para acceder á platea de Castrelos, dando a entender que quizá sexa necesario dispor da Pass Vigo para priorizar así a súa venda a cidadáns vigueses.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...