InicioEconomíaO Consello da Xunta autoriza a construcción dunha glorieta de acceso á...

O Consello da Xunta autoriza a construcción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, en Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego financiará esta actuación, cuxa licitación se prevé nas vindeiras
semanas, mediante a achega económica de máis de 316.000 euros. O proxecto ten por obxecto a mellora da intersección existente no núcleo de Guillarei, pola que se accede á depuradora e á praia fluvial.

Actualmente a intersección ten visibilidade reducida e os vehículos que proveñen da Rañada ou Caldelas de Tui non poden xirar cara á vía de acceso á depuradora. A rotonda deseñarase de xeito que permita a continuidade do itinerario peonil e
ciclista existente na vía de acceso á depuradora, para o que na marxe dereita se construirá un carril bici de 2,5 metros e unha senda de 2 metros.

As obras compleméntanse coa instalación dos elementos necesarios para garantir a
drenaxe axeitada e coa iluminación da glorieta.

O Consello da Xunta autorizou xa o proxecto de decreto polo que se declara en
concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos
afectados pola construción dunha glorieta de acceso á estación depuradora de augas
residuais de Guillarei, na estrada PO-404, no Concello de Tui.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...