InicioEconomíaPeinador recupera xa o ritmo de viaxeiros da prepandemia

Peinador recupera xa o ritmo de viaxeiros da prepandemia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os aeroportos de Vigo e de Santiago de Compostela superaron en febreiro en número de viaxeiros rexistrados no mesmo mes de 2019, antes do estalido da pandemia do coronavirus, mentres que o aeródromo da Coruña continúa aínda con datos inferiores a ese ano.

Segundo as cifras publicadas este luns por Aena, o aeroporto de Lavacolla Rosalía de Castro contabilizou 194.488 pasaxeiros o mes pasado, un 17,8% máis que en febreiro de 2019, superando así “un mes máis os datos previos á pandemia grazas ao dinamismo que vén mostrando tanto o tráfico nacional como internacional nos últimos meses”.

Deste total, 193.986 viaxeiros proceden de voos comerciais, con máis de 150.000 que viaxaron en traxectos nacionais, un 9,6% máis, e 43.319 fixérono en ligazóns internacionais, un 65% máis. En canto ás operacións, o aeroporto compostelán rexistrou 1.573 voos en febreiro, un 15,7% máis que en 2019. Ademais, a terminal de carga xestionou durante o pasado mes máis de 368 toneladas de mercadoría, un 55,2% máis.

VIGO

Pola súa banda, Peinador rexistrou 76.149 pasaxeiros en febreiro (+6,9%, sempre respecto de febreiro de 2019) e 1.162 operacións (+34%). Así mesmo, contabilizou 44 toneladas de mercadoría, quedándose no 91,4% do que conseguiu en febreiro de 2019, sen alcanzar aínda niveis previos á pandemia.

Nos dous primeiros meses de 2023, a infraestrutura viguesa moveu 150.382 pasaxeiros, un 5,1% máis, con 2.382 voos, un 39,8% máis. A carga transportada aínda queda lonxe dos datos de 2019, cunha recuperación do 82,5%, ata 74 toneladas.

A CORUÑA

Con todo, Alvedro contabilizou 86.102 pasaxeiros en febreiro, recuperando nun 94,7% do tráfico de antes da pandemia, pero quedando así aínda con cifras inferiores. O número de operacións foi de 1.266, o que implica unha recuperación de máis de 96,5% respecto ao mesmo mes de 2019. As mercadorías transportadas quedan aínda no 52,3% da carga soportada antes da pandemia.

No que vai de ano, na Coruña rexistráronse 168.726 viaxeiros, un 92,7% do total que se contabilizou entre xaneiro e febreiro de 2019. Os movementos chegaron aos 2.370, un 93,4% se se compara con antes da pandemia e a carga transportada superou as 14 toneladas, cunha recuperación do 54,3%.

ÚLTIMAS

Caballero prevé inaugurar en 6 anos o novo túnel da A-52 e reduce o impacto a 18 vivendas en Vigo e Mos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estimou que o novo túnel da A-52, que conectará o...

A malleira a un menor de 16 anos en Nigrán foi unha pelexa “habitual”, sen bandas involucradas

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, explicou este mércores que a malleira...

Sanidade di que o CHUVI vivirá en 2025 “un ano de gran crecemento

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, "non contempla" que o hospital Ribeira Povisa...

Validada a candidatura de Luisa Sánchez á presidencia do PP de Vigo

O Comité Organizador do Congreso local do PP de Vigo (que se celebrará o...