InicioSucesosRouban unha cadea de ouro a un home de 71 anos por...

Rouban unha cadea de ouro a un home de 71 anos por recriminarlles que aparcaran no paso de peóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes desta Policía Local foron comisionados ás 17.00 horas deste venres para que se dirixisen á contorna da Rúa Barcelona, onde se estaba producindo unha pelexa entre varias persoas.

Unha vez no lugar, os Policías puideron ver a dous homes discutindo, así como a outras persoas á súa ao redor. Tamén se decataron como unha muller que estaba cos anteriores, ao observar que se achegaba a Policía, fuxía á carreira.

Neses momentos, alguén do grupo onde se estaba producindo a discusión berrou: “A moza escápase coa cadea!”. Un dos Axentes saíu trala muller que fuxía, dándolle o alto en repetidas ocasións, facendo ela caso omiso.

Nun momento dado, o Policía observou que a muller se detivo, achegouse á altura dun
sumidoiro e novamente emprendeu a carreira. O Axente continuou tras ela, mentres lle volvía a dar o alto. Nesta última ocasión a perseguida detívose e foi alcanzada.

Preguntada en referencia á cadea ou suposta cadea coa que fuxira do lugar, dixo non saber nada sobre dela. O Axente inspeccionou o sumidoiro no que a muller agachouse cando era perseguida, podendo observar no interior un cordón dourado, que recuperou.

Segundo as investigacións practicadas no lugar, os feitos producíronse cando un varón
(viandante) observou un vehículo estacionado sobre un paso de peóns; vehículo no que ían a suposta autora da subtracción do cordón dourado, e a súa parella.

Iniciouse unha discusión entre os tres; momento no que a muller (S.A.L.), aproveitaría para arrincar de vez o cordón do que lles recriminaba o estacionar sobre o paso de peóns.
Entón a vítima (un varón de 72 anos), pediu auxilio, gritando que lle estaban roubando. Este home manifestou aos Policías que no cordón había unha medalla.

Realizouse unha procura pola zona onde ocorreron os feitos, pero non se localizou. Finalmente os Axentes volveron inspeccionar o sumidoiro onde se recuperou o cordón, e alí, entre algúns desperdicios atoparon a medalla.

Ambos -cordón e medalla- son de ouro segundo alegou o seu propietario. O varón obxecto do roubo presentaba marcas no pescozo, producidas presuntamente polo tirón. Atopábase visiblemente nervioso, polo que se solicitou o servizo dunha ambulancia que se desprazou
ao lugar para asistilo.

Finalmente o persoal sanitario que lle atendeu optou polo seu traslado a un centro
hospitalario para que lle practicasen unha revisión máis exhaustiva. O suceso finalizou coa detención de S.A.L.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...