InicioSucesosA sede de Aemos amence con pintadas en apoio de Rusia

A sede de Aemos amence con pintadas en apoio de Rusia

Membros da Corporación de Mos, encabezados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e da asociación Aemos expresaron o seu rexeitamento ao "intolerable ataque vandálico"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Membros da Corporación Municipal de Mos, encabezados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e da asociación Aemos concentráronse este luns ante a sede da entidade empresarial, para expresar o seu rexeitamento ao “intolerable ataque vandálico” sufrido nas instalacións, que este domingo amenceron con pintadas en apoio de Rusia, e que foi reivindicado polo Comité Antifascista da Lourinha.

A rexedora lamentou esta acción, reivindicada por un comité “que presume de considerar nazifascista e terrorista ao pobo ucraíno“, “xustificando os seus actos delitivos como castigo a quen apoia a guerra”. E iso, precisou Arévalo, a pesar de que tanto o Concello como Aemos e a sociedade mosense están “en contra da guerra e en defensa da paz”.

A alcaldesa tamén criticou que os autores das pintadas tachan de “delincuentes e explotadores” a uns empresarios que son “o principal motor xerador de emprego, economía e industria” de Mos, e que colaboraron na recollida de axuda humanitaria para Ucraína cando comezou a guerra.

“Rechazadmos e denunciamos estes actos que fan apoloxía da violencia, da guerra, e da vulneración dos dereitos humanos e da autonomía dos estados soberanos”, proclamou a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...