InicioSucesosDetido en Vigo ao atacar aos axentes que o tentaron auxiliar cando...

Detido en Vigo ao atacar aos axentes que o tentaron auxiliar cando estaba ebrio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de idade, R.A.S.M.C., como presunto autor dun delito de atentado, ao atacar a un axente que o auxiliaba cando se atopaba ebrio no seu domicilio, e en presenza de dous menores.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado sábado pouco despois das 22,00 horas, cando o 112 contactou coa Policía para requirir a súa presenza na rúa Conde de Torrecedeira, onde un individuo se atopaba en mal estado.

Unha vez no lugar, os axentes dirixíronse ao domicilio desa persoa, dotados cun desfibrilador dos que levan no vehículo policial. Ao chegar, observaron a porta da vivenda aberta e accederon ao interior.

Inicialmente non atoparon á persoa que estaba indisposta aínda que, momentos despois, esta persoa saíu do cuarto de baño, observando os axentes que se atopaba baixo os efectos do alcol. O home mostraba unha actitude violenta e agresiva cara aos polícias e estaba en compañía de dous menores, fillos da súa parella (da que se está separando), que se mostraban asustados e medorentos pola actitude do individuo.

Os funcionarios trataron de acougalo, pero o home abalanzouse sobre un deles e agrediuno, polo que foi detido como presunto autor dun delito de atentado. Mentres, os menores quedaron baixo a supervisión da súa nai, que pasou polo domicilio a recollelos.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...