InicioFeijóo e Rueda dan o seu apoio á candidatura de Nava Castro...

Feijóo e Rueda dan o seu apoio á candidatura de Nava Castro para a alcaldía de Ponteareas

Acompañáronos, ademais, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente estatal do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o líder do PPdeG, Alfonso Rueda, trasladáronse este venres ata Ponteareas para mostrar o seu apoio a Nava Castro como candidata á Alcaldía e participaron na inauguración da nova sede do PP local.

Os dirixentes populares tiveron a ocasión de participar no acto organizado pola agrupación local xunto a medio milleiro de afiliados e simpatizantes. Acompañáronos, ademais, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López.

A candidata popular á Alcaldía, Nava Castro, aproveitou a ocasión para pór en valor “a ilusión, as ganas, o compromiso e apoio do seu equipo”. Un extremo que considera fundamental para que “a partir do 28 de maio Ponteareas volva ter a xestión que se merece e precisa para avanzar”.

Tamén agradeceu o apoio que recibe na rúa, asegurando que percibe “moita ilusión” para lograr o cambio a partir de maio: “Coa axuda de todos, conseguiremos a maioría que nos permita devolver aos veciños a ilusión e a tranquilidade de vivir nun concello seguro, que teña todos os servizos e no que a xente viva a gusto”.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...