InicioSucesosO salesiano condenado por abusos, en busca e captura, incumpriu o...

O salesiano condenado por abusos, en busca e captura, incumpriu o prazo voluntario para entrar en prisión

Foi condenado a 32 anos e medio de cárcere por abusar de varios menores

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sacerdote salesiano dun colexio de Vigo, que foi condenado a 32 anos e medio de cárcere por abusar de varios menores, e que se atopa en busca e captura por non ingresar en prisión, evitou ser detido pola Garda Civil hai uns días, alegando que necesitaba un prazo para entrar voluntariamente no cárcere (prazo que incumpriu) por cuestións persoais.

Segundo informaron fontes xudiciais, a Audiencia Provincial de Pontevedra ditara unha orde de detención e ingreso en prisión contra Segundo C.V. A Garda Civil localizou ao condenado en Cambados, en cuxos xulgados asinaba semanalmente.

Nese momento, a súa avogada solicitou á Audiencia que lle concedese un prazo de cinco días para que ingresase no cárcere de forma voluntaria, debido ás súas circunstancias persoais. O tribunal provincial aceptou a petición, tendo en conta que o condenado ten o pasaporte retirado, ten domicilio coñecido, sempre se presentou a asinar e atendera a todos os requirimentos xudiciais, e ditou un oficio polo que se deixaba sen efecto a orde de detención.

A partir de aí, en lugar do cinco días solicitados, a Audiencia outorgou un prazo “inaprazable” de tres días para que se producise ese ingreso voluntario en prisión, un prazo que Segundo C.V. incumpriu.

É por isto que o tribunal emitiu orde de busca e captura con respecto a este sacerdote. Polo momento, á Audiencia non lle consta que se presentou no centro penal para cumprir a súa condena.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...