InicioPolíticaAbel Caballero: "Non é momento de campaña electoral"

Abel Caballero: “Non é momento de campaña electoral”

Di que dará a coñecer a súa lista "como pronto", en abril.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este mércores que dará a coñecer a súa candidatura para as eleccións do próximo 28 de maio no mes de abril “como pronto”, e afirmou que “non é momento de campaña electoral”.

Así respondeu o rexedor olívico a preguntas dos medios sobre a posibilidade de que ofreza á exsecretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, a posibilidade de que forme parte do seu equipo.

Abel Caballero explicou que falará “de listas e eleccións” cando “chegue o momento”, a pesar de que “outra xente está todo o tempo a campaña e só fala diso”. “A campaña electoral é moi importante, pero ten un tempo”, indicou, e engadiu que fará pública a súa lista “alá polo mes de abril, como pronto”.

“De momento, estou a traballar na cidade. Hai moitas cousas que facer, imos a un ritmo desenfreado e continuaremos niso”, resolveu o alcalde.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...