InicioPolíticaIntervida de urxencia a delegada da Xunta e candidata do PP de...

Intervida de urxencia a delegada da Xunta e candidata do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias

Xa pasara anteriormente por quirófano debido a problemas na columna

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo e candidata do PP á alcaldía, Marta Fernández-Tapias, foi intervida cirurxicamente este martes por un problema nas costas, segundo ela mesma fixo público nas súas redes sociais.

“Aguantei o que puiden, pero as miñas costas dixeron basta”, sinalou Fernández-Tapias, que xa pasara anteriormente por quirófano debido a problemas na columna.

A intervención deste martes, que se realizou no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, resultou “perfecta”, segundo a propia candidata, que agradeceu o labor do equipo de profesionais sanitarios que a atenderon. Así mesmo, avanzou que “nuns días” estará “ao 100 %”.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...