InicioCulturaBouzas acollerá os días 13 e 14 de maio a Brincadeira, que...

Bouzas acollerá os días 13 e 14 de maio a Brincadeira, que espera superar os 120 postos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O barrio vigués de Bouzas acollerá os días 13 e 14 de maio a festa da Brincadeira, que este ano espera superar os 120 postos conseguidos na edición de 2022.

Tal como informaron este luns os seus organizadores en rolda de prensa, tratarase da décimo oitava edición desta festa, que recrea a resistencia contra a invasión do exército de Napoleón.

Nesta ocasión, como novidade a Brincadeira contará cun concurso de vestimentas, co obxectivo de animar a todos os que asistan a facelo con traxe de época. Na presentación, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou o apoio do Concello a esta festa e asegurou que as obras do paseo de Bouzas estarán terminadas para esas datas.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...